Profesionalidade, Compromiso, Empatía, Traballo en equipo, dedicación...

¿Que é Nasahe technology?

Nasahe technology é a marca comercial da miña empresa, preséntome:
Son unha programadora informatica Freelance que despois dun tempo non atopando o seu sitio nunha empresa do sector dos videoxogos, decidiu que quería probar sorte deseñando software de forma independente, ou por proxectos externos sen perder a miña autonomía e podendo elixir a que dedicar o meu tempo, e pareceume necesario pensar en que as miñas creacións deberían ser recoñecidas e valoradas na súa xusta medida, de aí a necesidade de facelo a través desta imaxe, xa que a miña intención é facela crecer pouco a pouco.

    Experiencia Profesional

  • Dende 2017 Como Programadora Freelance Autónoma e traballando en proxectos por conta allea ocasionalmente.
  • * 2019 – 10 meses - Programadora en Software de Xestión, para Asesoweb.
  • * 3 meses - Programadora para a empresa Wurth S.L. no departamento de Desenvolvemento, con responsabilidades na creación de proxectos, e fiscalización dos mesmos para a súa posterior implementación, ademáis de buscando causas das posibles incidencias e reparando as mesmas, incluíndo o mantemento das bases de datos Oracle e SQL.
  • *3 meses - Dependenta e técnica informática na empresa Avidar Nor controlando o software de vixilancia dos establecimentos, atendendo a vez de cara o público cando fora preciso.
  • *6 meses - PC Assist e dependenta na tenda WORTEN (Marineda City) reparando equipos informáticos, asesorando e atendendo de cara o público.
  • *12 meses - Técnica informática en varios proxectos da empresa PLEXUS a través de Randstand, traballando ao largo dún ano de maneira discontinua en varios proxectos, programando os equipos informáticos do proxecto ABALAR, clonacións, creación de Backups e actualizacíons de software do proxecto Lonxas, e instalación dunha red no hospital Modelo.
  • *12 meses - Dependenta e asesora para a empresa PC City reparando equipos informáticos, asesorando e atendendo de cara o público.
  • *14 meses - Xestión dunha tenda de informática, onde era unha das propietarias, encargándome da dirección, xestións, ademáis do mantemento do servidor e dos equipos informáticos da tenda, pra o apartado da mesma destinada a Ciber, tamén reparaba e daba solucións aos equipos externos, a compra de productos aos distintos distribuidores e a súa posterior venta, a creación e soporte de páxinas web, o montaxe de equipos clónicos, e instalacións externas de redes.
  • *6 meses - Técnica informática pra a empresa Anega Sistemas onde daba soporte e solucións a empresas, e reparaba os seus equipos en caso necesario, a vez que me encargaba do mantemento dos equipos propios pra que a xestión web fora correcta.
  • *12 meses - Técnica informática e Dependenta para a empresa Bosco Software, onde me encargaba da reparación dos equipos informáticos, incluindo as operacións de mantemento de servidores para empresas, incluindo entre as miñas atribucións a atención de cara o público, y a responsabilidade da compra de material informático.
  • *6 meses - Operadora de mantemento pra empresa Guascor Servicios, revisando o funcionamiento dos equipos dun parque solar.
  • *3 meses - Operadora de telecomunicacións pra empresa Gallega de calidad Telecom comprobando o correcto funcionamento das estacións telefónicas.